martes, 28 de xuño de 2022

TURONIA 2022

 Despois dun parón de dous anos regresou o Turonia, tan ben acollido coma sempre. Mantiveronse todas as actividades salvo a da acampada pola noite por protocolos covid.

Durante dous intensos días os alumnos de 6º dos colexios de Barrantes, Caselles e Sobrada non paramos de percorrer os camiños de  Tomiño a pé e en bicicleta.

O primeiro día tocou unha ruta a pé por sendeiros preto do río Cereixo dende Pinzás ata Barrantes. Visitamos o centro de interpretación da auga en Pinzas, coñecemos as lendas de Grixó, aprendimos a orientarnos con mapas e a observar a flora e a fauna todo apoiado nas explicacións dos colaboradores, profesores e os caderniños.
En Gampuzada paramos a xantar e a facer a carreira de orientación para localizar as balizas.

O segundo día tocoulle o turno as bicicletas para cubrir unha ruta dende Ceip de Barrantes ata o embarcadoiro de Goián onde gozamos da experiencia de montar en piragüa grazas a axuda do club deportivo os Teixugos.

Esta mega actividade non poderia realizarse sen a axuda económica e persoal de  moitas persoas e entidades; agradecemos a ANPA de Sobrada que aportou a merenda dos dous días, as Comunidades de Montes pola súa aportación económica para a compra das camisetas ao concello de Tomiño, persoal de protección civil, ciclistas axudantes a María polo deseño das camisetas, profesores, pais e nais e tódalas persoas que fixeron posible un ano máis manter esta actividade única.

Ata o vindeiro ano!


ATLETISMO EN PAVILLÓN

O xoves 16 de xuño o alumnado de 3º e 4º curso celebramos actividade de atletismo en pavillón por equipos. Contamos coa axuda dos compañeiros de 5º que colaboraron como xuices e axudantes de pista. 

As probas foron: 100m, multisaltos 30 en segundos, lanzamentos de vortex e balón, salto de lonxitude e carreiras de relevos.

A xornada transcurreu cun gran espititu deportivo e entusiasmo.

luns, 2 de maio de 2022

ACTIVIDADE PIRAGÜISMO

 O pasado 25 de abril o alumnado de 6º  participou nunha xornada deportiva escolar enmarcada no programa Xogade para a práctica do piragüismo na modalidade de Piragüismo-Dragóns.

 

Desprazámonos ata o Centro de Técnificación do Pontillón do Castro de Verducido en Pontevedra. Previo a subir nas embarcacións, recibimos unhas nocións básicas para a navegación e a continuación montamos e a palexar ó ritmo do tambor. Quedamos encantados e con gañas de repetir experiencia, foi fantástico. 

 

luns, 4 de abril de 2022

XORNADA ATLETISMO EN PISTA 5º DE PRIMARIA

XORNADA DE ATLETISMO 5º

Durante o segundo trimestre participamos nas xornadas de atletismo para 5º e para 6º que celebramos o 17 de marzo e o 1 de abril nas pistas de atletismo de a Macoca en Tui. Participaron os colexios de Tui, Tomiño e Salceda e o IES San Paio de Tui e o IES de Tomiño. Actividade moi agardada despois do parón pola incidencia da covid no comenzo do ano.
 A experiencia foi fantástica a tódolos niveis, poñer en práctica o aprendido nunhas instalacións deportivas de atletismo, convivir con alumnado doutro centro, favorecer  cohesión do grupo clase ó animarse e celebrar xuntos as súas marcas e logros.
A diversidade de modalidades que ofrece o atletismo permitíu que cada neno escollese a modalidade na que se sentía mellor. O mellor da xornada, foi a ilusión e as gañas en cada carreira, salto o lanzamento.
Tanto os equipos de 5º coma o de 6º lograron o segundo posto en estas xornadas, noraboa a todos e todas polo voso esforzo.
 
Toda a información podemola atopar na web de AGRUDEBAM


martes, 8 de febreiro de 2022

FLASHMOB POLO DÍA DA PAZ

O pasado luns 31 de xaneiro celebramos no cole o dºia da Paz, para conmemorar esta data tan importante todos colaboramos nun mural sobre a Paz aportando  unha botella cunha mensaxe de paz.

Ademºais ocurrºiusenos bailar unha canciºon que nos fala de valorar o que temos, ser felices, agradecer, aceptar consellos...moitos valores moi importantes que non debemos esquecer para manter a paz tºodolos dºias.

A canciºon ºe "Madre Tierra" de Chayanne, fomos  gravando e aprendendo aos poucos para despois o día 31 xuntarnos todos no patio. Este foi o resultado...

Versión MADRE TIERRA todo o alumnado no patio do centro.


Versión MADRE TIERRA por aulas e en diferentes localizacións do centro, os ensaios e preparación da coreografía.