luns, 29 de novembro de 2021

XOGADE. XORNADAS DE CROSS ESCOLAR DE OUTUBRO A NOVEMBRO.

Comenzamos a campaña de deporte escolar cunha actividade de campo a través que se desenvolveu nas instalacións do colexio Pedro Caselles de Tomiño. Asistimos toda a clase ó completo de 2ºA, 2ºB e 4ºA e 4ºB. Foi a primeira edición despois de tanto tempo, xa tiñamos gañas de volver a participar, desta vez houbo que axustarse ós protocolos covid polo que tivemos que facer carreiras escalonadas a contrarreloxo e esperar a que correran todas as clases para saber o posto final. Corremos todos moitisimo e moi ben, pero os que chegaron antes foron os nosos compañeiros de 2ºA. 
 
NORABOA A TODA A CLASE DE 2ºA QUE SE CLASIFICARON EN 3º LUGAR. 
 
Aqui vos deixamos unhas poucas imaxes e vídeos. 
 
CARREIRA 2º A/B e 4ºA/B.
 
 
 
O 25 de novembro  foi  o turno dos cursos de 3ºA/B e 5º, mesmo lugar e circuito adaptado a categoría. Correron tamén de maravilla terminando todos a carreira e conseguindo puntos para a clase. Esta vez aínda que as diferencias entre uns cursos e outros é de segundos os cursos mais rápidos foron os de Altamira. Noraboa a todos pola vosa responsabilidade e boa participación.
 
CARREIRA 3ºA e 3ºB.

 

CARREIRA 5º CURSO

Información resultados por cursos:https://www.agrudebam.es/

domingo, 21 de novembro de 2021

FORMAS DE SALTAR A LA COMBA

Neste vídeo atoparas unha serie de consellos e progresións para saltar a comba con soltura, con un pouco de paciencia e ánimo seguro que o poderedes conseguir.

xoves, 4 de marzo de 2021

1º PREMIO CERTAMEN CURTAS POLA IGUALDADE. DON FEDERICO

CURTA SOBRE A IGUALDADE

ALGUIEN DEBIÓ DECIRNOS 2º premio Certamen curtas sobre a igualdade

A MULLER QUE CAMBIOU A MARATÓN PARA SEMPRE

Esta é a historia de  Kathrine Switzer, unha muller que foi pioneira no movemento pola igualdade no deporte. Coa visión actual o que aconteceuón de Boston, unha das carreiras máis importantes do mundo,parécenos irreal, Gracias  a valentía e tesón de  Katherin a historia da maratón cambiou para sempre.

 

No seguinte vídeo a propia  Kathrine Switzer relata o que aconteceu aquel día.

u? Qué che pareceu? podes deixar o teu comentario aquí e compartilo con todos e todas

sábado, 20 de febreiro de 2021

FIGURAS ACROSPORT

Aqui temos  as primeiras figuras de acrosport en familia. Manter o equilibrio, resulta ser todo un reto!! menudos acrobatas temos en Sobrada!!


mércores, 10 de febreiro de 2021

RETOS CONSEGUIDOS

Neste vídeo que  envía Nuria de 6º, queda demostradísimo súa habilidade para conseguir o reto de atrapar lápices no aire. Xenial Nuria!!.

Carmen de 6º animouse tamén co reto dos lápices. Fenomenal Carmen!!

Darío de 6º qué axilidade, mesmo podería intentalo con máis globos. Que soltura!!