Ola chicos e chicas, esta semana deixovos uns retos, para pequenos e maiores, seremos capaces de logralos?, haberá que intentalo, verdade?. Probamos a ver se o conseguimos?
Podedes intentar un, dous incluso todos.
RETO: Durante un minuto manter tres globos a vez no aire sen que caigan ó chan.
ATRAPAR OS LÁPICES
RETO: Colocar dous lápices no dorso da man,lanzalos ó aire voltear a man e atrapalos coa palma sen que caiga ningún.
Tamén podes intentalo con 3 o 4 lápices.video explicación
RETO: Montar unha torre e desmontala deixando os vasos nunha soa columna.
vídeo explicativo
ZAPATO VOADOR
RETO: Coloca un cubo a unha distancia de 5 pasos. No empeine do pé
colocas un zapato e tes que lanzalo para encestar no cubo. A distancia
pódela modificar para que che resulte máis doado ou difícil.
video explicativo
Ola chicos e chicas a proposta desta semana é mellorar a habilidade con balón de fútbol o pelota. Neste vídeo Victor Doñate, propónnos catro exercicios para facer co balón: conduccións, toques, golpeos e coordinación de pés.
SEMANA 1 DE XUÑO
Material:
Adaptamos co que teñamos na cas, botellas, cordas, a escaleira a podemos debuxar con tiza...
Exercicios:
Adaptamos a habilidade de cada un por exemplo, os toques de balón poden ser con bote para comenzar, a separación entre conos maior...
Aquí vai o vídeo explicativo.
Podedes mandar imaxes dos vosos ciruitos a: educacionfisisicasobrada@gmail.com
Actividades:
- Conducción de balón entre conos o botellas.
- Habilidades con balón: 5 toques con pé dereito e 5 co esquerdo e tirar a portería.
- Conducción de balón con distintas partes do pé e coordinación de pés na escaleira, o baldosas o escaleira debuxada o construida con cordas...
- Toques con distintas partes do corpo e a continuación 4 zancadas e repetir.
SEMANA 25 DE MAIO
A proposta desta semana é realizar figuras de acrosport,sacar unha foto e envialas o correo gmail. Desta vez precisarás convencer a otros membros da familia para que colaboren contigo.
correo gmail: educacionfisicasobrada@gmail.com
Estas figuras son todo un desafio, traballarás a forza, equilibrio, flexibilidade, confianza e a diversión. ANIMATE!!
Aquí van unhas ideas que poden inspirarte, as figuras poden ser:
De dúas persoas.
De tres persoas.
De catro persoas.
Podedes compoñer letras do abecedario.
Tipos de agarre que nos axudarán na seguridade
Cando teñas a figura sácalle unha foto e a envías a este correo para compartila
educacionfisicasobrada@gmail.com
Aqui deixovos un vídeo de acrosport en familia.
SEMANA 18 DE MAIO
Nestes vídeos podes ver algúns dos xogos con picas, algúns xa os coñeces.
SEMANA 10 DE MAIO
Ola chicos!! Esta semana ímonos a facer uns entrenamentos de forma moi orixinal. Son entrenamentos de película.
Antes de comenzar debes seguir estes consellos:
- Realiza un pequeno quecemento de movilidade articular, como os que facemos en clase.
- Fíxate ben nos movementos, e realízaos correctamente.
- Elixe só unha personaxe, para poder disfrutar.
- Ó rematar realiza uns estiramentos, como os da semana pasada.
Unha segunda proposta da semana é este reto divertido co que poñerás a proba a túa coordinación, rapidez e atención. Como verás tes que facelo con alguén da familia. Quen será o campión da casa?
Variante: En lugar de facelo coas mans, facelo cos movementos dos pés.
SEMANA 4 DE MAIO
Para esta semana propóñovos outro entrenamento para traballar a condición física e a saúde; podedelo facer en familia.
FUN CARDIO WORKOUT! para sudar e gastar enerxía.
ZUMBA! para que realicedes actividade física a vez que vos divertides.
SEMANA 27 DE ABRIL
Ola, esta semana vos deixo dúas propostas podedes facer unha delas varias veces ou as dúas; o que prefirades, o importante e que vos sintades motivados para mover o corpo.
PRIMEIRA PROPOSTA
Co corpo xa preparado e desperto continuamos con estos exercicios...Ollo sustituiremos as flexións de brazos por círculos con brazos. Hai un bloque de exercicios que se vai repitindo; podedes empezar con dous bloques e ir sumando mais durante semana ata completar.
Cansos? agora toca relaxase facendo estes estiramentos que xa coñecedes:
SEGUNDA PROPOSTA
Mellorarás a axilidade, coordinación de pés e a rapidez.
- Comenzaremos co quecemento, 7 minutos.
Mover brazos, pernas, cabeza para preparar o corpo.
2. Xogo cos pés. 15 minutos
Con este vídeo poderás imitar os xogos de pés que fai cun cadrado pintado no chan, escolle 5 saltos repíteos 10 veces, descansa 1 minuto e repíteos de novo.
5X10__ descanso 1 minuto__ 5X10
A continuación, se contades cun espacio exterior na vosa casa podedes montar un circuito con obstaculos para conducir un balón. Algo parecido a este que vos deixo aqui a modo de exemplo.
SEMANA 20 DE ABRIL. PROPOSTA ACTIVIDADES A REALIZAR
Ola chicos toca activarse un pouco, 10 minutos serán suficientes para comenzar ben o día. Empezade con esta tabla de exercicios. Xa os coñecedes casi todos, algúns os podedes cambiar o adaptar.
Estades
preparados para unha clase a ritmo intenso? pon o vídeo, súmate e segue
o ritmo. Serán aproximadamente 16 minutos intensos.
A
clase consta de varios bloques de exercicios iguais, entre cada
bloque recoméndote que descanses 2 minutos, e saltaremos as flexións de
brazos. Fai 2, 3 o todos os bloques, segundo as túas posibilidades.
Ánimo!!
Despois de tanta intensidade, toca estirar aqui vos deixo unha tabla de estiramentos
Contádeme que vos pareceu a sesión?, podedes deixar un comentario neste blogue ou enviar correo a: educacionfisicasobrada@gmail.com
Os lunes teredes unha nova proposta para a semana.
PRIMEIRA ENTREGA PROPOSTA ACTIVIDADES 5º CURSO.
PRIMEIRA ENTREGA PROPOSTA DE ACTIVIDADES NO PERIODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA. 6ºCURSO
Ningún comentario:
Publicar un comentario