sábado, 18 de abril de 2020

TABLERO.MÓVETE EN CASA

Se vos gustan os retos, este xogo é perfecto. Elixe unha ficha, lanza o dado e avanza por as casillas. Se realizas a actividade correctamente, continúas avanzando  pero se te equivocas, terás que retroceder dúas casillas.
                                       
                                        Pincha na imaxe para comenzar

https://view.genial.ly/5e73b3c24aba9c1b7b82bc6c/game-muevetef

venres, 17 de abril de 2020

XOGUETES FEITOS EN CASA


Que rapazada máis creativa temos en Sobrada!!. Estes xoguetes  si que son moi especiais, orixinais e sen dúdida moi entretidos.

PELOTA SALTARINA

Xoguete  elaborado por Tihtina que con moita paciencia foi envolvendo gomas.





LABIRINTO

Xoguete elaborado por André  todo un reto para probar a habilidade, fixádevos que tamén hai trampas!!





 FUTBOLÍN

Xoguete elaborado por Teo, invítanos a xogar por parellas, quen gañará a partida? azuis o vermellos?




                                  LABIRINTO

Xoguete elaborado por Aarón, divertidisimo labirinto que poñerá a proba a habilidade e a concentración para chegar ó final.


                                      
                                         
                                    RAQUETAS

Xoguete elaborado por Yeray, moi funcionais, entretidas e faciliñas de arranxar se se estropean; non se pode pedir máis!.

BOLOS

Xoguete elaborado por Uxía, un reto para facer pleno todos os días e mellorar a puntería.
ATRAPA A BOLA

Xoguete elabolarado por Xurxo, un reto moi entretido e non fácil de conseguir. Se queredes facer un igual, Xurxo deixanos os pasos a seguir neste enlace: ATRAPA A BOLA






TRES EN RAIA
Xogo elaborado por Adri,    un bo xogo de estratéxia  ademáis de ser un taboleiro moi chulo con todos eses ratóns.





                                FÚTBOL NA CASA
Xogo elaborado por Martín, dandolle ó coco consegue xogar unha partida de fútbol con este xoguete e pasar un bo rato.


                                        FUTBOLÍN                                                                                                  Xoguete elaborado por Antía con material que había na casa. Xogo moi entretido para xogar en familia. Quén será o mellor da casa?.
                                      LABIRINTO
Xoguete elaborado por Luca, o seu divertido e colorido labirinto invita a xogar e conseguir chegar ó final salvando trampas.



xoves, 16 de abril de 2020

3º CICLO

Ola chicos toca activarse un pouco, 10 minutos serán suficientes para comenzar ben o día. Empezade con esta tabla de exercicios. Xa os coñecedes casi todos, algúns os podedes cambiar o   adaptar.

Estades preparados para unha clase a ritmo intenso? pon o vídeo, súmate e segue o ritmo. Serán aproximadamente 16 minutos intensos.
A clase consta  de varios bloques de exercicios iguais, entre cada bloque  recoméndote que descanses 2 minutos, e saltaremos as flexións de brazos. Fai 2, 3 o todos os bloques, segundo as túas posibilidades. Ánimo!!
 

Despois de tanta intensidade, toca estirar aqui vos deixo unha tabla de estiramentos
Contádeme que vos pareceu a sesión?, podedes deixar un comentario neste blogue ou enviar correo a: educacionfisicasobrada@gmail.com


2º CICLO. VOLTERETA ADIANTE E ATRÁS.

Ola chicos toca activar un pouco ese corpo, 10 minutos serán suficientes para comenzar ben o día. Empezade con esta tabla de exercicios. Xa os coñecedes casi todos, algúns os podedes cambiar o   adaptar.


Atrevédesvos a dar unha voltereta?

Seguindo as indicacións que veredes no vídeo e tendo precaución, seguriño que saldrá ben. Necesitades algo brando que faga a función de colchoneta.


1º CICLO. IMOS A SALTAR E CANTAR

 

Ola peques, como sei que vos gusta moito saltar vos deixo neste vídeo unha idea chula para que montedes na casa o voso propio circuito. É moi fácil seguide as instruccións:


  • PRIMEIRO: prepararemos as plantillas que poden ser círculos, máns e pes.
  • SEGUNDO: deseñaremos o círcuito, ollo que o poidas facer, non separes demasiado as plantillas.
  • TERCEIRO: comenzamos a saltar



Con esta canción imos a repasar as partes do corpo, a ver se eres capaz de facelo cada vez máis rápido sen equivocarte. Vamos, preparados?




Para finalizar, toca  estar moi atento. Hai uns ovos de dinosaurio que teremos que emparellerar. Atención que imos a comenzar.


https://www.juegos-mentales.com/juego/Huevos+de+Dinosaurio




1ºCURSO e 2ºCURSO


Para finalizar, neste xogo hai que estar moi atento. Hai uns ovos de dinosaurio que teremos que emparellerar. Atención que imos a comenzar.


https://www.juegos-mentales.com/juego/Huevos+de+Dinosaurio




mércores, 8 de abril de 2020

ESCOLARIZACIÓN NA CASA. PROPOSTA DE ACTIVIDADES


1ºCURSO e 2ºCURSO


 3º CURSO E 4º CURSO


 


 


ESCOLARIZACIÓN NA CASA. PROPOSTA DE ACTIVIDADES 6ºCURSO

ESCOLARIZACIÓN NA CASA PROPOSTA ACTIVIDADES 5º CURSO.

ESCOLARIZACIÓN NA CASA. PROPOSTA ACTIVIDADES 3º E 4ºCURSOS.

BÁDMINTON BENXAMÍN

O pavillón de Tomiño de A Carballa acolleu hoxe  a última das xornadas da liga e tamén  clasificatoria para a final  de bádminton. Foron os benxamíns, os máis pequenos da liga os que tomaron un primeiro contacto con deportes de raqueta; superado o primeiro momento de nerviosismo ante un novo acontecemento, estes benxamíns organizaronse  e  desenvolvéronse  moi ben no campo.
Desta xornada farase un cadro clasificatorio, do que informaremos,  para as finais que se celebrarán o vindeiro mécores 19 de febreiro  e na que participarán todas as categorías: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Noraboa a todos pola vosa participación.

DEPORTE ESCOLAR. MES DE XANEIRO E FEBREIRO

Recibimos o mes de xaneiro con moito movemento, recen chegados do nadal participamos en varias actividades.
A primeira delas foi unha dinamización deportiva co colexio de Salceda de Caselas. Desta vez xogaron os cursos de 6ºA e 4º do noso cole, tivemos que organizarnos  moi ben para atender a todos os  deportes e participar no maior número posible. Xogamos, animámonos moito como grupo, aprendemos a adaptámonos ós cambios que acontecian no xogo, probamos cousas novas e sobre todo coñecimos e convivimos con   nenos/as doutro centro.

Nesa mesma semana pola tarde comenzaba a liga de bádminton do Baixo Miño que se desenvolve  simultaneamente no pavillón de A Carballa de Tomiño e no Ceip de Randufe durante dúas xornadas. Os mellor clasificados pasan a unha final zonal que se celebrará o día 20 de febreiro en Tomiño. Os mellor clasificados desta fase participarán no Cto. Provincial de Bádminton representando a Agrupación Deportiva do Baixo Miño, equipo Agrudebam, nenos de todoslos colexios da zona unidos para lograr o mesmo obxectivo.

PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS:
Da fase zonal de cross que se celebrou durante o mes de novembro e decembro clasificáronse algúns atletas ,so os oito mellores postos de cada categoría, para participar no Cto. Provincial de Cross que se celebrou no Parque de Castrelos de Vigo. A participación nestas probas é moi numerosa, hai que correr moito!!!, e situarse ben na saída, como podedes ver nestos vídeos  grabados pola  familia de Brais da categoría alevín masculina.




EN NOVEMBRO, PEÓNS O CAMIÑO!

Un ano máis este xogo tradicional que se mantén e atopa renovacións, en diferentes tipos de materiais e xeitos de facelos bailar, saíu ao noso patio escolar. O alumnado tivo ocasión de, uns amosar as súas habilidades e outros achegarse a el e facelo brincar, aproveitamos e  fixemos un concurso de rodar trompos e o de Anxo de 6º foi o que aguantou máis. A escola ten que fomentar que estes xeitos de brincar perduren no tempo e...Así o intentamos. Deixámosvos unhas imaxes para que vexade como foi.

XONARDA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA

O pasado 10 de decembro iniciamos a liga de dinamización intercentros, acercámonos ata Tui e xogamos co Ceip Nº2. Desta vez participamos os cursos de 6ºB e de 4º.
Unha xornada na  xogamos a  varios deportes como o balonmán, fútbol, bádminton, voleibol e baloncesto. Tivemos que organizarnos e formar os equipos e tamén  prepararnos  para as arbitraxes.
Foi unha xornada fantástica e moi deportiva, que estamos desexando que se volva a repetir.

CAMPO A TRAVÉS. EQUIPOS AULAS

O pasado 15 de novembro o recinto escolar do CEP Pedro Caselles acolleu a segunda edición de cross escolar por aulas o clases,promovido pola Consellería de Educación e organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño, AGRUDEBAM. 
Unha esplendida mañá que reuníu a escolares dos cursos de 2º,3º e 4º de primaria de todos os colexios do Baixo Miño para vivir e compartir cos compañeiros da aula a experiencia de correr en grupo e conseguir co esforzo de todos unha boa carreira, sen olvidar que o principal obsectivo e a participación.


 Unha semana despois os que quixeron, repetiron experiencia no cross escolar zonal do sábado 23, desta vez a participación foi menor polos diversos compromisos en outras actividades de fin de semana, sendo o entusiasmo, esforzo e paisón o denominador común das dúas xonadas.

Agradecer a presenza das familias que animaron moitísimo ós pequenos, agradecer tamén ós diversos axudantes: profesores, pais e voluntarios..que axudaron a que todo saíra perfecto.
                              Noraboa a todos e todas polo voso esforzo! 
Xa temos os resultados e as clasificacións na web de AGRUDEBAM; xa sabemos que 5 nenos e nenas do colexio, lograron clasificación para a fase provincial que se celebrará en febreiro. 

DEPORTE ESCOLAR CURSO 19/20


COMENZAMOS A NOVA CAMPAÑA !!
 
Preparade as zapatillas para correr! O vindeiro xoves 14 de novembro, comenza a campaña de Deporte Escolar coa carreira  de campo a través por equipos.
Xuntarémonos no CEP Pedro Caselles todos os nenos dos colexiós do Baixo Miño que estén cursando 2º, 3º e 4º de primaria.
Puntuaremos como clase, sumando o esforzo de todos.
Podedes seguir toda a información sobre a carreira  no seguinte enlace: AGRUDEBAM