Aqui temos as primeiras figuras de acrosport en familia. Manter o equilibrio, resulta ser todo un reto!! menudos acrobatas temos en Sobrada!!
Amosando publicacións coa etiqueta escolarización na casa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escolarización na casa b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 20 de febreiro de 2021
martes, 15 de setembro de 2020
Rapaces! Xa chegou o final de curso, nunca imaxinamos una despedida así nin un ano tan atípico, tivemonos que adaptar a cousas novas e a formas de comunicarnos diferentes e, agora, tamén a una forma diferente de despedirnos. Pero, a pesar de todo conseguimos sair adiante e aproveitar o mellor que poidemos todos os recursos, fóstedes uns campións; aproveito para despedirme e dexesarvos un marabilloso verán, aproveitade o tempo libre a probar con cousas novas a iniciarse con esas afeccións que nos causan curiosidade a facer moito exercicio para medrar fortes e sans, os días son largos e dan para moito.
Esta última proposta vai adicada a unha das actividades físicas mellores e máis universales, circular en bicicleta, moi divertida para facer en familia e perfecta para descubrir sitios increibles para disfrutar sen sair da zona do Baixo Miño. Podedes compartir esas rutas e imaxes dos lugares que vos gustaron moito enviando un correo para publicar.
Atentos ao vídeo porque aprenderedes formas seguras de circular.
Ata a volta e disfrutade
luns, 8 de xuño de 2020
TODO RETOS
SEMANA 8 DE XUÑO
OS TRES GLOBOS
RETO: Durante un minuto manter tres globos a vez no aire sen que caigan ó chan.
ATRAPAR OS LÁPICES
video explicación
TORRE EXIPCIA
RETO: Montar unha torre e desmontala deixando os vasos nunha soa columna.
vídeo explicativo
ZAPATO VOADOR
video explicativo
Ola chicos e chicas, esta semana deixovos uns retos, para pequenos e maiores, seremos capaces de logralos?, haberá que intentalo, verdade?. Probamos a ver se o conseguimos?
Podedes intentar un, dous incluso todos.
RETO: Durante un minuto manter tres globos a vez no aire sen que caigan ó chan.
ATRAPAR OS LÁPICES
RETO: Colocar dous lápices no dorso da man,lanzalos ó aire voltear a man e atrapalos coa palma sen que caiga ningún.
Tamén podes intentalo con 3 o 4 lápices.video explicación
RETO: Montar unha torre e desmontala deixando os vasos nunha soa columna.
vídeo explicativo
ZAPATO VOADOR
RETO: Coloca un cubo a unha distancia de 5 pasos. No empeine do pé
colocas un zapato e tes que lanzalo para encestar no cubo. A distancia
pódela modificar para que che resulte máis doado ou difícil.
video explicativo
domingo, 31 de maio de 2020
SEMANA DE HABILIDADES CO BALÓN DE FÚTBOL.
SEMANA 1 DE XUÑO
No apartado do 1º ciclo e 2º ciclo poderedes ver outras propostas para esta semana.
Ola chicos e chicas a proposta desta semana é mellorar a habilidade con balón de fútbol o pelota. Neste vídeo Victor Doñate, propónnos catro exercicios para facer co balón: conduccións, toques, golpeos e coordinación de pés.
Material:
Adaptamos co que teñamos na cas, botellas, cordas, a escaleira a podemos debuxar con tiza...
Exercicios:
Adaptamos a habilidade de cada un por exemplo, os toques de balón poden ser con bote para comenzar, a separación entre conos maior...
Aquí vai o vídeo explicativo.
Podedes mandar imaxes dos vosos ciruitos a: educacionfisisicasobrada@gmail.com
Actividades:
- Conducción de balón entre conos o botellas.
- Habilidades con balón: 5 toques con pé dereito e 5 co esquerdo e tirar a portería.
- Conducción de balón con distintas partes do pé e coordinación de pés na escaleira, o baldosas o escaleira debuxada o construida con cordas...
- Toques con distintas partes do corpo e a continuación 4 zancadas e repetir.
No apartado do 1º ciclo e 2º ciclo poderedes ver outras propostas para esta semana.
venres, 1 de maio de 2020
IOGUI_XOGO
Queres xogar con este iogui-xogo?. É moi sencillo, tira un dado e imita a postura que che toque da primeira , segunda, terceira o cuarta fila.
sábado, 18 de abril de 2020
TABLERO.MÓVETE EN CASA
Se vos gustan os retos, este xogo é perfecto. Elixe unha ficha, lanza o dado e avanza por as casillas. Se realizas a actividade correctamente, continúas avanzando pero se te equivocas, terás que retroceder dúas casillas.
Pincha na imaxe para comenzar
xoves, 16 de abril de 2020
3º CICLO
Ola chicos toca activarse un pouco, 10 minutos serán suficientes para comenzar ben o día. Empezade con esta tabla de exercicios. Xa os coñecedes casi todos, algúns os podedes cambiar o adaptar.
Estades preparados para unha clase a ritmo intenso? pon o vídeo, súmate e segue o ritmo. Serán aproximadamente 16 minutos intensos.
A clase consta de varios bloques de exercicios iguais, entre cada bloque recoméndote que descanses 2 minutos, e saltaremos as flexións de brazos. Fai 2, 3 o todos os bloques, segundo as túas posibilidades. Ánimo!!
Despois de tanta intensidade, toca estirar aqui vos deixo unha tabla de estiramentos
Contádeme que vos pareceu a sesión?, podedes deixar un comentario neste blogue ou enviar correo a: educacionfisicasobrada@gmail.com
2º CICLO. VOLTERETA ADIANTE E ATRÁS.
Ola chicos toca activar un pouco ese corpo, 10 minutos serán suficientes para comenzar ben o día. Empezade con esta tabla de exercicios. Xa os coñecedes casi todos, algúns os podedes cambiar o adaptar.
Atrevédesvos a dar unha voltereta?
Seguindo as indicacións que veredes no vídeo e tendo precaución, seguriño que saldrá ben. Necesitades algo brando que faga a función de colchoneta.
1º CICLO. IMOS A SALTAR E CANTAR
Ola peques, como sei que vos gusta moito saltar vos deixo neste vídeo unha idea chula para que montedes na casa o voso propio circuito. É moi fácil seguide as instruccións:
- PRIMEIRO: prepararemos as plantillas que poden ser círculos, máns e pes.
- SEGUNDO: deseñaremos o círcuito, ollo que o poidas facer, non separes demasiado as plantillas.
- TERCEIRO: comenzamos a saltar
Con esta canción imos a repasar as partes do corpo, a ver se eres capaz de facelo cada vez máis rápido sen equivocarte. Vamos, preparados?
Para finalizar, toca estar moi atento. Hai uns ovos de dinosaurio que teremos que emparellerar. Atención que imos a comenzar.
1ºCURSO e 2ºCURSO
mércores, 8 de abril de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)