Rapaces! Xa chegou o final de curso, nunca imaxinamos una despedida así nin un ano tan atípico, tivemonos que adaptar a cousas novas e a formas de comunicarnos diferentes e, agora, tamén a una forma diferente de despedirnos. Pero, a pesar de todo conseguimos sair adiante e aproveitar o mellor que poidemos todos os recursos, fóstedes uns campións; aproveito para despedirme e dexesarvos un marabilloso verán, aproveitade o tempo libre a probar con cousas novas a iniciarse con esas afeccións que nos causan curiosidade a facer moito exercicio para medrar fortes e sans, os días son largos e dan para moito.
Esta última proposta vai adicada a unha das actividades físicas mellores e máis universales, circular en bicicleta, moi divertida para facer en familia e perfecta para descubrir sitios increibles para disfrutar sen sair da zona do Baixo Miño. Podedes compartir esas rutas e imaxes dos lugares que vos gustaron moito enviando un correo para publicar.
Atentos ao vídeo porque aprenderedes formas seguras de circular.
Ata a volta e disfrutade
Ningún comentario:
Publicar un comentario