venres, 17 de abril de 2020

XOGUETES FEITOS EN CASA


Que rapazada máis creativa temos en Sobrada!!. Estes xoguetes  si que son moi especiais, orixinais e sen dúdida moi entretidos.

PELOTA SALTARINA

Xoguete  elaborado por Tihtina que con moita paciencia foi envolvendo gomas.





LABIRINTO

Xoguete elaborado por André  todo un reto para probar a habilidade, fixádevos que tamén hai trampas!!





 FUTBOLÍN

Xoguete elaborado por Teo, invítanos a xogar por parellas, quen gañará a partida? azuis o vermellos?




                                  LABIRINTO

Xoguete elaborado por Aarón, divertidisimo labirinto que poñerá a proba a habilidade e a concentración para chegar ó final.


                                      
                                         
                                    RAQUETAS

Xoguete elaborado por Yeray, moi funcionais, entretidas e faciliñas de arranxar se se estropean; non se pode pedir máis!.

BOLOS

Xoguete elaborado por Uxía, un reto para facer pleno todos os días e mellorar a puntería.
ATRAPA A BOLA

Xoguete elabolarado por Xurxo, un reto moi entretido e non fácil de conseguir. Se queredes facer un igual, Xurxo deixanos os pasos a seguir neste enlace: ATRAPA A BOLA






TRES EN RAIA
Xogo elaborado por Adri,    un bo xogo de estratéxia  ademáis de ser un taboleiro moi chulo con todos eses ratóns.





                                FÚTBOL NA CASA
Xogo elaborado por Martín, dandolle ó coco consegue xogar unha partida de fútbol con este xoguete e pasar un bo rato.


                                        FUTBOLÍN                                                                                                  Xoguete elaborado por Antía con material que había na casa. Xogo moi entretido para xogar en familia. Quén será o mellor da casa?.
                                      LABIRINTO
Xoguete elaborado por Luca, o seu divertido e colorido labirinto invita a xogar e conseguir chegar ó final salvando trampas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario