O pavillón de Tomiño de A Carballa acolleu hoxe a última das xornadas da liga e tamén clasificatoria para a final de bádminton. Foron os benxamíns, os máis pequenos da liga os que tomaron un primeiro contacto con deportes de raqueta; superado o primeiro momento de nerviosismo ante un novo acontecemento, estes benxamíns organizaronse e desenvolvéronse moi ben no campo.
Desta xornada farase un cadro clasificatorio, do que informaremos, para as finais que se celebrarán o vindeiro mécores 19 de febreiro e na que participarán todas as categorías: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Noraboa a todos pola vosa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario